sábado, 8 de novembro de 2014

IV Ruada

Este ano 2014, como xa ben sendo case tradición a A.C. Faragulla decidiu facer a IV edición da ruada. Un ano máis moreas e moreas de xente achegáronse ata Teixeiro para desfrutar desta festa connosco, e ben agradecidos que lles estamos oigha! De feito, quizáis poidamos presumir de que esta sexa unha das ruadas máis bailadas da redonda! Así que....mil grazas!

IV Ruada


IV Ruada




Como todos os anos houbo pinchos para os bailadores e tocadores e tamén  o mítico chocolate con larpeira a iso das 3 da mañán, iso non pode faltar! Pero ademais disto, dende a tarde tivemos a varios grupos de gaiteiros participando no I Dakar Ghaiteiro, que polo que se viu, foi todo un éxito! Así que para o ano, repetiremos!!


IV Ruada




IV Ruada

Moitas gracias a todos os que vos achegades cada ano para facer que esta ruada medre cada volta un pouquiño máis. Millóns de grazas e....vémonos na "V"!!!


IV Ruada


Dakar Ghaiteiro


"Esta ruadiña d'hoxe 
que mañán será soada..."


Ningún comentario:

Publicar un comentario