Este ano 2014, como xa ben sendo case tradición a A.C. Faragulla decidiu facer a IV edición da ruada. Un ano máis moreas e moreas de xente achegáronse ata Teixeiro para desfrutar desta festa connosco, e ben agradecidos que lles estamos oigha! De feito, quizáis poidamos presumir de que esta sexa unha das ruadas máis bailadas da redonda! Así que....mil grazas!
|
IV Ruada |
|
IV Ruada |
Como todos os anos houbo pinchos para os bailadores e tocadores e tamén o mítico chocolate con larpeira a iso das 3 da mañán, iso non pode faltar! Pero ademais disto, dende a tarde tivemos a varios grupos de gaiteiros participando no I Dakar Ghaiteiro, que polo que se viu, foi todo un éxito! Así que para o ano, repetiremos!!
|
IV Ruada |
|
IV Ruada |
Moitas gracias a todos os que vos achegades cada ano para facer que esta ruada medre cada volta un pouquiño máis. Millóns de grazas e....vémonos na "V"!!!
|
IV Ruada |
|
Dakar Ghaiteiro |
"Esta ruadiña d'hoxe
que mañán será soada..."