luns, 15 de xullo de 2013

Festival Folclórico As Mariñas- Cambre

O pasado sábado día 13 a Asociación Cultural Faragulla foi convidada a participar no Festival Folclórico da  Escola de Música e Baile "As Mariñas" de Cambre.
Este foi un acto moi especial no que participaron todos os compoñentes e ex-compoñentes de dita escola, xa que se celebrou un memorial a Manolo Camariñas, ex-compoñente do grupo.
Nesta celebración participaron outros grupos tales como: Grupo de Baile "A Marola" de Mera, "Cantareiros do Naval" de Oleiros, Associaçao da "Casa do Povo da Longra" de Portugal e a Asociación Cultural "Faragulla". 
As pezas que interpretamos tanto no pasarrúas como na exhibición foron:
-Os Gaiteiriños
-Pasodoble de Melide 
- Muiñeira de Leduzo 
- Punteada da Baña 
- Riscada e Jota de Langueirón 
- Muiñeira de Lestedo 
Dende logo, que foi un pracer poder participar neste festival! 

Os Molladiños

Os Molladiños, Faragullas e Faragulliñas

Faragulliñas

Faragullas

Faragulliñas

Faragullas

As D'aló da Vía

A.C. Faragulla