luns, 29 de abril de 2013

Foliada n'As Pontes

O pasado venres, Faragullas tivemos o pracer de participar na 57ª Foliada d'As Pontes xunto co grupo de baile tradicional de adultos do Padroado de cultura de Narón e como non co grupo anfitrión No Cómbaro (As Pontes).
Xunto cos Molladiños, participaron tamén Os Fillos de Pepa a Loba e As D'aló da Vía.

As Pontes - 2013

As Pontes - 2013

As pontes - 2013

As Pontes - 2013 



Dende a organización querían que fose a foliada máis bailada de toda a bisbarra, e así foi! mesmo non se collía no local, pois aos grupos participantes uníronse outros  como Buxainas (Cedeira), Troula do Ortegal (Ortigueira), Gamelas e Anduriñas (Espasante), San Xiao do Trebo (Cariño), e un longo etc...

As Pontes - 2013

As Pontes - 2013

As Pontes - 2013

Dende logo, unha moi boa festa, e para nós foi un pracer asistir. Esperamos a 58ª !!

martes, 16 de abril de 2013

Ruada en Cabaleiros

 Esta fin de semana, os compañeiros da asociación Brisas do Quenllo (A Pontragha-Tordoia) fixeron a súa V ruada, e como non os de Faragullas non faltamos!!
Cabaleiros - 2013

Cabaleiros - 2013

Vaia festa que montamos entre todos!! Por suposto outro ano máis, Cabaleiros non defraudou, e como non As D'aló da Vía aportaron tamén a súa actuación.

Cabaleiros - 2013

Cabaleiros - 2013

Cabaleiros - 2013

Para o ano queremos máis!! E se queredes ver fotos do maravilloso foto-col e de toda a festa que alí houbo, non deixedes de visitar o blog de Brisas do Quenllo !!








xoves, 11 de abril de 2013

As D'aló da Vía

As D'aló da Vía xúntanse hai menos dun ano para comezar como grupo de pandereteiras. Son catro rapazas de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos. 
 Mencía, Paula, Patricia e Candelaria comezaron a cantar só polo afán de facer como moitos outros grupos. Ensaiaban elas soas, sen mestre, pero unha vez que decidiron dedicarse a esto seriamente tomaron a axuda de Xurxo Fernándes, o seu actual mestre. 


Serán dos namorados - 2013

 
Cabalgata de Reises - 2013
Polo de agora únicamente participaron en foliadas e fixeron algunha que outra actuación xunto coa asociación. Pero por suposto que non descartamos a opción de velas nalgún concurso nos próximos anos.

Actuación para un intercambio europeo en Curtis - 2013


domingo, 7 de abril de 2013

Os Fillos de Pepa A Loba

Diego, Cristian e Iván son tres rapaciños de tan só 10 anos que comezaron a súa andaina como cantareiros fai dous anos. Durante este tempo cantaron en distintas foliadas e en abril do 2012  participaron no concurso de canto da A.X . Xiradela no cal acadaron o 1º premio dentro da súa categoría coa peza "Ruada na Miñata".


Concurso Xiradela - 2012 (co mestre, Xurxo Fernándes) 

Foliada en Cerqueda - 2012 (de novo acompañados por Xurxo) 

No verán de 2012 os Fillos de Pepa  A Loba foron gravados para o documental "Nao Lugar", vídeo no que  interpretan a peza coa que gañaron o concurso da A.X. Xiradela.