As D'aló da Vía xúntanse hai menos dun ano para comezar como grupo de pandereteiras. Son catro rapazas de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos.
Mencía, Paula, Patricia e Candelaria comezaron a cantar só polo afán de facer como moitos outros grupos. Ensaiaban elas soas, sen mestre, pero unha vez que decidiron dedicarse a esto seriamente tomaron a axuda de Xurxo Fernándes, o seu actual mestre.
 |
Serán dos namorados - 2013 |
 |
Cabalgata de Reises - 2013
|
Polo de agora únicamente participaron en foliadas e fixeron algunha que outra actuación xunto coa asociación. Pero por suposto que non descartamos a opción de velas nalgún concurso nos próximos anos.
 |
Actuación para un intercambio europeo en Curtis - 2013 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario