sábado, 10 de agosto de 2013

XIII Semana da Cultura e do Lecer

Como non podía faltar outro ano máis, en Teixeiro, volveuse celebrar a Semana da Cultura e do Lecer; unha semana na que todas as asociacións de Teixeiro se xuntan, para que durante toda a semana se desenvolvan distintas actividades para todas as idades.
Desta maneira comezamos o pasado sábado, 27 de Xullo, co pregón inaugural dos que foron os primeiros Molladiños, xa que este ano a Semana da Cultura ía adicada a eles.  A continuación veu a tradicional cea coa que se da apertura a dita semana.
Ó longo desta fóronse desenvolvendo varias actividades como os torneos de parchís ou de axedrez, a milla urbana, que xa vai pola súa decimosexta edición, etc.
A A.C Faragulla estivemos o domingo 28 na plaza cunha exposición na que se mostraron algúns dos traxes que conservamos e tamén fotos, dende as dos primeiros Molladiños e tamén de Faragullas ata os grupos actuais.
Para rematar esta semana, como é habitual a A.C Faragulla celebramos o noso Festival Folclórico no que tamén  participaron a Asociación Cultural e Deportiva Galanía de Muros e os primeiros Molladiños.

Comenzamos ca actuación de Galanía de Muros

A.C.D Galanía

A.C.D Galanía

A.C.D Galanía

A.C.D Galanía

A.C.D Galanía

A.C.D Galanía



Tras eles comezamos a A.C Faragulla

As D'aló da Vía

Faragulliñas

Os fillos de Pepa A Loba

Faragullas

Mighiñas

Faragulliñas

Faragullas

Os Molladiños
Antes de rematar tamén subiron ó escenario, os primeiros Molladiños!!

Os Molladiños

Os Molladiños

E como boa fin de festa, que menos que xuntarse Os Molladiños, todos, dos primeiros aos últimos mentres o resto bailaban! 



Dende a A.C Faragulla volvemos facer fincapé no agradecemento á A.C Galanía por participar no noso festival e, de novo agradecerlles tamén aos Molladiños todo o que fixeron, que non é pouco, posto que se estes rapaces no seu día non se houberan interesado polo mundo do folclore quizáis hoxe non houbese dita asociación, e por suposto, tamén hai que lembrar a Asociación de Amas de Casa xa que a súa iniciativa foi do mellor!!