sábado, 22 de xuño de 2013

Intercambio con Barakaldo

Co gallo da ponte das Letras Galegas, Faragullas puxémonos rumbo a Barakaldo. Alí fomos recibidos polo presidente do Centro Galego de Barakaldo.
O día seguinte a iso das 11 da mañá reunímonos no Centro Galego coa agrupación folclórica Doces Lembranzas de Barakaldo e outra agrupación de baile tradicional vasco.
Tras as palabras do presidente de dito centro e tamén as do noso alcalde deron comezo as actuacións dos grupos.
Presentación de man do presidente do centro Dn. José Pereiras

Comezamos a A.C. Faragulla, coa actuación d'Os Molladiños, Os Fillos de Pepa A Loba, As d'aló da Vía e por suposto Faragullas.
De seguido actuou o grupo de baile tradicional vasco, e por último o grupo anfitrión Doces Lembranzas.
Máis a festa non rematou aí, de seguida veu un xantar de confraternidade o que lle seguiu unha tarde chea de música e baile da nosa terra.
Á tardiña un grupo de teatro de Sarria agasallounos cunha magnifíca obra de teatro, coa que pasamos un anaco divertido e de rir a fartar!!
Pola noite, despois da cea, a música seguiu soando até altas horas da mañá!


Faragullas




Fin de festa



As d'aló da vía





Faragulliñas







Doces Lembranzas








Os Fillos de Pepa A Loba






A.C. Faragulla