martes, 12 de agosto de 2014

XIV Festival Folclórico

Esta pasada semana, como ven sendo habitual dende hai uns anos, celebrouse en Teixeiro a XIV edición da Semana da Cultura e do Lecer. Desta volta, especial para a nosa asociación porque os homenaxeados foron os primeiros compoñentes desta asociación, sí sí, os "primeiros faragullas".

Pregón inaugural por Faragulla
Pregón inaugural por Faragulla

Xa van aló 33 anos dende que comezou esta andaina...cóntanse rápido! mais foron moitos anos de traballo tanto para alumnos como para pais. Con esta homenaxe o que quixemos foi agradecer a estes rapaces e rapazas que no seu momento fosen a semente dun grupo do cal hoxe, os que o seguimos mantendo, nos sentimos ben orgullosos.
Lembraban o día do pregón inaugural as moitas actuacións e concursos nos que participaran, os moitos primeiros premios que levaron, os moitos ensaios que deixan pasado...e todo esto lembrando tamén a quen o facía posible, a súa mestra: Mercedes Peón.

Pregón inaugural
primeiros faragullas

Como era de esperar, este grupo de rapaces volveu a ter o seu momento de esplendor no festival folclórico organizado por Faragulla no cal nos mostraron dúas das pezas do seu repertorio: a rumba e muiñeira de Leira e a rumba e muiñeira de Bilabade.

Para os compoñentes que hoxe formamos a asociación, foi toda unha satisfacción que os que foron o noso pasado volvesen mostrar o que facían, pero sobre todo que todos eles sigan saíndo á bailar cun sorriso de entusiasmo e satisfacción.
Algúns dos primeiros faragulla

Neste festival tamén tivemos un oco a A.C Faragulla e como non os nosos convidados da A.C O Amanexo (Dexo), os cales se encargaron de abrir dito festival.

Faragulliñas&Mighiñas

 O Amanexo

O Amanexo

O Amanexo

O Amanexo

Mighiñas&Faragulliñas

primeiros faragullas

1os faragullas

primeiros faragullas



primeiros faragullas

primeiros faragullas 

primeiros faragullas

primeiros faragullas

primeiros faragullas 

Queremos dar as gracias a A.C O Amanexo por estar con nós nun día tan especial coma este, e tamén, obviamente aos primeiros integrantes de Faragulla polo bo momento que nos fixeron pasar mentres bailaron e por facelo con tanto entusiasmo; dende logo que esperamos vervos xuntos de novo! Noraboa polo bo facer...e que VIVA O FOLCLORE!




Ningún comentario:

Publicar un comentario