sábado, 16 de marzo de 2013

Os Molladiños


No ano 1981 a Asociación de “Amas de Casa” de Teixeiro  decide crear o primeiro grupo de gaitas de Teixeiro coa fin de recuperar o noso patrimonio inmaterial. Esta agrupación musical corría a cargo do profesor de gaita Jesús López.

Os Molladiños

Os Molladiños - Teixeiro 1990

A súa primeira actuación foi o 5 de Xaneiro do mesmo ano de creación, na Cabalgata de Reis de Teixeiro. Dado que ese día choveu moito, o grupo quedou bautizado como "Os Molladiños".  

Xa no ano 1991 este grupo estaba formado por oito compoñentes que tocaban gaitas, bombo, tambor e pandeiro. Actuaron en festas patronais  do noso pobo e da bisbarra, e chegaron a actuar en Torrevieja e en Xove.  Entre o seu  repertorio figuraban pezas como a Jota de Paradela ou a Muiñeira de Teixeiro. 

Os Molladiños - Torrevieja 1997

Os Molladiños - Festas patronais de Teixeiro 1992
Pouco a pouco o grupo foi avanzando e co tempo uns fóronse pero outros comezaron, e a día de hoxe Os Molladiños está composto por uns doce compoñentes, e o mestre do grupo Daniel Sanmartín “Ghaitas”. O grupo segue actuando en festas do pobo e doutros concellos preto do noso, así como participando en distintos días do Folclore organizados por outras asociacións.


Con todo isto, xa contamos con case 30 anos dende que se creou a asociación, e agardamos moitísimos máis!!!

Os Molladiños - Festa do pan de Carral 2012


Ningún comentario:

Publicar un comentario