luns, 25 de marzo de 2013

Faragullas




No ano 1981 creouse un grupo de baile tradicional en Teixeiro, que foi bautizado como “Faragulla”  por Mercedes Peón.
  As que fixeron que este proxecto se fixese posíbel foi a asociación de “Amas de Casa” de Teixeiro.
  Pouco a pouco este grupo foi medrando e empezando a coller popularidade despois de diversas actuacións nas festas patronais do noso pobo, e en lugares próximos como a Ponte Carreira, Guitiriz, Betanzos ou Aranga.
Reises - 1984
  Desprazáronse a diferentes lugares como Padrón, Cerdido, Betanzos ou aos xardíns de Méndez Núñez para participar en distintos certames folclóricos e Días da Muiñeira. 

Milla Urbana - 1984


Dende o ano 1988 e durante oito anos consecutivos o grupo participou nos diferentes concursos que organizou a Asociación Cultural Xacarandaina no Teatro Colón da Coruña, no que participaban por categorías. Durante estes anos sempre conseguiron clasificarse entre os tres primeiros postos, aínda que posiblemente o ano máis relevante para eles fose o 1990, xa que acadaron o primeiro premio en dúas categorías distintas.
Mercedes Peón, persoa que lle deu o nome ao grupo por ser os nenos “pequenos como as mesmas faragullas do pan” foi a primeira mestra de baile desta asociación, que exerceu a súa labor durante dezasete anos. 


Teatro Colón - 1990

Teatro Colón - 1985


Teatro Rosalía de Castro - 1990

  Despois de todos estes anos e de conseguir tantos premios, no ano 2004 o grupo retomou as clases con Fernando Cruz, que durante a súa estancia como mestre, levou a asociación a actuar no programa Luar da TVG.

    Pasados dous anos foi Henrique Peón o encargado de dar clase aos rapaces da asociación, e tan só un ano despois Xurxo Fernándes, actual mestre de baile e co que os compoñentes da asociación descubriron que o baile tradicional non era só ensaiar e participar en concursos, senón que tamén se podía gozar desta tradición de noso dunha maneira máis informal, a través das ruadas. 


Festas Patronais - 2011

Festas Patronais - 2011

Por último contamos tamén co grupo dos máis pequeniños, Faragulliñas.


Festas Patronais - 2011
Festas Patronais - 2011







                                   





Ningún comentario:

Publicar un comentario